Concello de Sanxenxo - Bibliotecas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Cultura

CARNÉ DE SOCIO

As bibliotecas do Concello de Sanxenxo forman parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. E desde o ano 2016 púxose en funcionamento un novo modelo de CARNÉ ÚNICO que é válido para todas as bibliotecas públicas de Galicia.

O carné de socio permite tamén o acceso aos equipos multimedia fixos (impresora, scanner e computadores con conexión a internet).

Para ser titular dun carné de socio necesítase presentar o DNI e unha fotografía pequena. Os menores de 14 anos, ademais, necesitan vir acompañados dun adulto, responsable legal do menor

Os servizos son gratuítos (fóra das copias de reprografía, suxeitas ás taxas municipais).

 

BIBLIOTECA NA REDE

Para todos aqueles que se animen coas novas tecnoloxías, pódese consultar o catálogo unificado da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia directamente, a través de internet, na seguinte dirección:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ 

Co novo carné poderá tamén acceder á súa ficha, ver os seus préstamos, facer renovacións e reservas.

Para iso, achéguese á súa biblioteca e solicite a súa clave de acceso.

Non obstante, se ten dúbidas ou desexa poñerse en contacto connosco para realizar algunha consulta ou compartir algunha suxestión, tamén pode facelo a través do seguinte correo:

bibliotecas@sanxenxo .es o Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Tamén pode seguirnos a través de Facebook en:

https://es-es.facebook.com/rbmsanxenxo 

 

 

BIBLIOTECA CENTRAL EMILIA PARDO BAZÁN

Leva máis de 30 anos prestando os seus servizos aos usuarios. Comezou a súa andaina no ano 1987 nun baixo da rúa Madrid. Actualmente está situada no Pazo Emilia Pardo Bazán, dispón de dúas plantas e conta con máis de 22.000 volumes.

A primeira planta alberga unha sección xeral, clasificada por materias (biografías, historia, matemáticas, dereito, novela, poesía...), unha sección xuvenil e de cómic, publicacións periódicas, prensa, audiovisuais (máis de 1.300 títulos de cinema e documentais) e fondo local. Dispón de 56 postos de lectura e 6 computadores para usuarios, con impresora.

Na segunda planta atópase a sala de lectura infantil e unha pequena sala, denominada “pequeteca”, con materiais especialmente deseñados para que os máis pequeniños da casa tamén disfruten e se acheguen ao mundo dos libros. Esta sala conta cun total de 30 postos de lectura.

  • Ademais dos servizos arriba mencionados, a Biblioteca Central dispón de:
  • Fondo de documentación local do Concello. Hemeroteca local desde o ano 1999.

HORARIO DE INVERNO  

De luns a venres

9:30h. a 13:00h. / 16:00h. a 19:30h.

*MARTES POLA MAÑÁ PECHADO 

HORARIO DE VERÁN, SEMANA SANTA, ENTROIDO E NADAL 

De luns a venres

8:30h. A 14:30h. 

1602 bsanx06

Miraflores, 26 A – Sanxenxo
Tfno: 986 727 936
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PORTONOVO

Inicia a súa actividade no ano 1995, no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo. No ano 2002 cambia a súa localización á rúa Independencia.

Posúe máis 16.000 volumes de material bibliográfico de consulta e obras de ficción e, desde o 2009, unha variada colección de cinema con 1.100 títulos tanto infantil como adulto. Dispón de publicacións periódicas, prensa diaria e conexión a internet. E un total de 35 postos de lectura.

Conta tamén cunha sección infantil con material específico para os máis pequenos.

HORARIO DE INVERNO 

De luns a venres

10:00h. a 13:30h. / 16:00h. a 19:30h.

*MARTES POLA MAÑÁ PECHADO

HORARIO DE VERÁN, SEMANA SANTA, ENTROIDO E NADAL 

De luns a venres

8:30h. A 14:30h.

1604 visita

Rúa Independencia, 5, bajo – Portonovo

Tfno: 986 691 149

e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

AXENCIA DE LECTURA DE VILALONGA

Fue inaugurada en el año 2004 . Está ubicada no centro da parroquia de Vilalonga.

Ao igual que as demais, dispón de conexión a internet, prensa diaria, material bibliográfico de consulta, audiovisuais e préstamo a domicilio. Con máis de 12.000 volumes.

Conta con dous espazos claramente diferenciados: un espazo infantil e xuvenil con 17 postos de lectura e outro espazo xeral con 24 postos máis de lectura.

HORARIO DE INVERNO  

De luns a venres

16:00h. a 21:00h. 

HORARIO DE VERÁN, SEMANA SANTA, ENTROIDO E NADAL 

De luns a venres

8:30h. a 14:30h.

3747 a666fantil

Rúa Mercado, Plaza Park, bajo nº 3 – Vilalonga

Tfno: 986 744 879

e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

FOMENTO DA LECTURA

A Rede de Bibliotecas, en colaboración co Departamento de Animación Sociocultural, leva a cabo ao longo do ano diversas actividades de fomento da Lectura para nenos que xeralmente se desenvolven nas propias bibliotecas.

Durante o período escolar ponse en marcha o Programa de Animación que se realiza, os sábados e datas conmemorativas especiais, como día do libro, día da biblioteca, etc.

Estas actividades, que comprenden contacontos, obradoiros, xogos, teatros,...e, sobre todo moita, moita diversión buscan a participación activa dos máis pequenos e pretenden fomentar neles o hábito lector. A aceptación pública destas sesións queda patente coa gran afluencia de pequenos e co entusiasmo que estes manifestan durante as mesmas.

649 ludotecaa

 

COÑECE A TÚA BIBLIOTECA

Este programa desenvólvese integramente nas tres bibliotecas e está dirixido aos centros educativos e é levado a cabo polo persoal bibliotecario.

 

Formación de usuarios

É un servizo no que se ofertan unha serie de actividades a fin de que os usuarios poidan utilizar eficazmente a biblioteca pública e os recursos informativos dos que esta dispón.

A través deste tipo de iniciativas preténdese que o usuario saiba como localizar un documento ou libro dentro da biblioteca e tamén como localizar unha información dentro dun documento, de tal forma que lle permita desenvolver certa capacidade de iniciativa e independencia, contribuíndo así a achegar a biblioteca ao ámbito social no que está inmersa.

Aínda que este programa está a levarse a cabo nos colexios e institutos da zona, a rede de bibliotecas está aberta a calquera grupo de usuarios potenciais que teña interese en descubrir as posibilidades formativas, informativas ou de entretemento que a súa biblioteca pública ofrece.

Habitualmente estas actividades con grupos desenvólvense os martes pola mañá, en que a biblioteca permanece pechada ao público, durante o horario de inverno.

651 bibli1

Visitas guiadas

Coa finalidade de dar a coñecer as instalacións da biblioteca e o seu funcionamento pódense concertar visitas de grupos de calquera idade, para que estes usuarios coñezan in situ todo o que lles pode ofrecer a biblioteca.

Realizaríanse igualmente os martes pola mañá, previa concertación co persoal responsable.

 

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA MARÍA MOLINER

Desde o ano 2000 as bibliotecas da Rede participan nas distintas Campañas de Dinamización lectora María Moliner; campañas que o Ministerio de Cultura, a Fundación Cocacola e a FEMP convocan todos os anos a nivel nacional para as bibliotecas dos municpios de menos de 50.000 habitantes.

É grato mencionar que en todos os anos de participación, a Rede de Bibliotecas foi distinguida coa adxudicación dun lote de libros en recoñecemento ao seu labor. Desde aí ata o 2015 logrou obter todos os anos un recoñecemento consistente na doazón dun lote de libros para os fondos da biblioteca, excepto os anos 2001 e 2002. Ademais, no ano 2005, o programa de Animación á Lectura presentado, que levaba por título "*Érase unha vez", foi recoñecido cunha mención especial que a situou entre as sete primeiras bibliotecas de España.