Hoxe inaugurouse no Pazo Emilia Pardo Bazán unha exposición de Sebastián Silva.
A partir de hoxe poderase desfrutar no Pazo Emilia Pardo Bazán dunha exposición de Sebastián Silva.
Sebastián é o alumno máis veterano do Centro de Arte de Sanxenxo. Os seus anos de experiencia na vida, a súa curiosidade e a súa incansable capacidade de traballo fai que tamén sexa o máis prolífico da escola.
É habitual do formato pequeno. As temáticas representadas por Sebastián son do máis “variopinto” e van dende a revisión de iconas da factoría Disney ata versións de clásicos da historia da arte, pasando pola representación de animais e paisaxes, nos que acostuma a contrapoñer elementos estraños, que articulan lecturas inéditas dos mesmos.
A exposición poderá ser visitada no Pazo dende hoxe ata finais deste mes de marzo.