A Asociación Internacional das Cidades Educadoras é un movemento creado co propósito de estreitar as relacións entre gobernos locais, para a promoción do valor educativo.
Este Congreso das cidades educadoras celébrase cada dous anos, desenvolvéndose ao longo desta semana en Cascáis.
Dada a proximidade da cidade, este congreso considérase unha excelente oportunidade para a formación e coñecemento de experiencias e iniciativas que levan a cabo no ámbito educativo e que baixo o lema "a cidade pertence ás persoas" presentaranse durante estes días.
A AICE ten unhas 500 cidades membros en todo o mundo e estrutúrase segundo as seguintes redes territoriais: Brasil, Asia-Pacífico, Latinoamérica, Europa Central, España, Italia, Portugal e Francia. Sanxenxo pertence á AICE desde o ano 2002 e esta é a segunda vez que o noso municipio está presente nos seus congresos internacionais. Anteriormente fíxoo en Barcelona no 2014.
O Secretariado Mundial atópase en Barcelona e os obxectivos da AICE son:
- Promover o cumprimento dos principios da Carta de Cidades Educadoras.
- Impulsar colaboracións e accións concretas entre as cidades.
- Participar e cooperar activamente en proxectos e intercambios de experiencias con grupos e institucións con intereses comúns.
- Influír no proceso de toma de decisións dos gobernos e das institucións internacionais en cuestións de interese para as cidades educadoras.
- Dialogar e colaborar con diferentes organismos nacionais e internacionais.