O sábado 24 de novembro de 10:30 a 13:30 h no Pazo Emilia Pardo Bazán vaise celebrar unha actividade conxunta entre o persoal de Animación á lectura e Arte Infantil.
Actividade dirixida a nenos/ as de Infantil e Primaria para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, potenciando o valor das mulleres “AS SINSOMBREIRO”: Mulleres esquecidas da Xeración do 27.
As nenas e nenos asistentes tamén realizarán un gran lazo, que pasará do negro ao violeta coas súas obras pictóricas.
Finalmente participarán nunha performance infantil de solta de globos e chapeus.