Concello de Sanxenxo - Charlas Ktorce18, Campaña de prevención do acoso e ciberacoso escolar, maltrato familiar e outras condutas infractoras
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

O Concello de Sanxenxo a través dos Servizos Sociais e máis especificamente a través do Programa de Educación Familiar promove a calidade de vida e o benestar das familias e os seus membros.

En termos xerais, o Programa de Educación Familiar persegue a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído entre as familias, as/os profesionais e os axentes da súa comunidade.

Consideramos que unha información de calidade axeitada e adaptada supón un instrumento preventivo xa que creará o coñecemento que servirá de base para lograr cambios de actitudes e prácticas, sinala Silvia Freire.

As charlas divulgativas Ktorce18 son impartidas pola Asociación ARELA e realizaranse no IES Sanxenxo, no IES Vilalonga e no Colexio Abrente, para alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO.

0
0
0
s2sdefault