Concello de Sanxenxo - Terceiro ano consecutivo que o Concello de Sanxenxo participa na Culturgal
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Sanxenxo promociona nesta feira o II Concurso de Música tradicional Soalleira

Sanxenxo participa na Feira das Industrias Culturais, que terá lugar en Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra entre os días 30 de novembro e 2 de decembro.

Desde a Concellería de Cultura quérese dar visibilidade ao traballo que desde este Concello se realiza para apoiar e favorecer a difusión da nosa cultura. Nesta ocasión e sendo a música o eixo da feira, o proxecto que se presenta e que leva por título "Coa pandereta na man", é o II Concurso de Música Tradicional Soalleira, iniciativa da Asociación Cultural Soalleira.

A elección desta iniciativa responde á gran acollida que tivo a súa primeira edición celebrada en maio do presente ano e na que participaron grupos de toda Galicia.

A fórmula elixida para estar presentes na feira é a micropresentación, na que María Dores Agís Otero, presidenta da asociación, fará unha breve descrición seguida da actuación do grupo de Pandereteiras Soalleira de Dorrón.

A Micropresentación terá lugar o sábado 1 de decembro ás 18:00 horas no Pazo de Cultura de Pontevedra, no espazo habilitado pola Deputación de Pontevedra e que pon á disposición dos concellos da provincia dentro da feira.

Culturgal é unha feira na que se pretende dar visibilidade e difusión ao traballo do sector cultural entre os profesionais culturais, especialistas en programación, medios de comunicación e público en xeral. Está organizada pola asociación do mesmo nome e forman parte dela as asociacións máis representativas do sector. Esta feira conta co apoio tanto de diferentes administracións como de diferentes entidades e empresas.

0
0
0
s2sdefault