Este concurso, xa consolidado na programación anual do Nadal, está destinado ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, e como o seu propio nome indica, baseado na temática do Nadal.
Os traballos deberán presentarse nos propios centros educativos ata o día 10 de decembro e terán unhas dimensións de DIN A4 con técnica libre.
Conterán no seu dorso os datos dos seus autores, é dicir, os seus nomes, apelidos, idades e centros de ensino aos que pertencen. As bases do certame especifican que non se admitirán aquelas obras que conteñan material adicional como la, algodón, pasta ou follas de árbores, entre outros.
Os premios do concurso consistirán nun lote de material escolar. Ademais, todos os premiados e finalistas estarán convidados a participar na Cabalgata de Reis, organizada polo Concello.
O xurado calificador será nomeado pola Concellería de Educación, Cultura e Mocidade, e estará integrado por técnicos municipais e representantes de asociacións culturais do Concello.
Coa totalidade dos traballos farase unha exposición virtual na web municipal e ademais, os gañadores e finalistas estarán expostos ao público desde o día 17 de decembro ata o día 6 de xaneiro nas instalacións do Pazo Emilia Pardo Bazán.