Concello de Sanxenxo - Fin de semana de Nadal en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Esta fin de semana comeza unha programación de Nadal repleto de diversión, música, deporte e festa.

Venres 21: Contos de Nadal. Esta actividade terá lugar na biblioteca de Portonovo de 16.30 h. a 18.00 h. Está destinada a nenos e nenas de Educación infantil. As inscricións poderán realizarse na propia biblioteca ou no teléfono 986.69.11.49.

Venres 21 e sábado 22: Gondar celebra as súas festas en honra a Santo Tomei, con pasacalles a cargo dun grupo de gaitas, a partir das 9.30 h. e misa, seguida de procesión, ás 13.00 h., ambos os días.

Sábado 22: Papanoelada Solidaria en bicicleta. Cunha recollida de xoguetes e alimentos, o Club Corbelo organiza esta papanoelada solidaria, que sairá ás 11.00 h. da carpa instalada na praza dous Barcos, continuará polo paseo de Silgar, por Portonovo e volverá á carpa pola C/Progreso.

Sábado 22: A asociación Coral Polifónica Sta. María Adina de Portonovo, celebra a súa xa tradicional “Concerto de Nadal de Panxoliñas”, que terá lugar ás 20.00 h. no Usos múltiples de Portonovo.

Sábado 22: Concerto de Fredi Leis. Intérprete, músico e compositor galego, que en 2015 estrea o seu primeiro EP, titulado “Días Grandes”, composto na súa totalidade por el.

Fredi Leis se postura como unha das novas promesas da canción de autor renovada e despois de virar por salas de toda España, o pasado mes de setembro presentaba “ Maripostas” o primeiro sinxelo do novo álbum. Fredi compaxina a música co seu debut no cinema, xa que forma parte da repartición da película “a sombra da Lei, dirixida por Dani de La Torre.

Este concerto terá lugar a partir das 22.00 h. na carpa da Praza dous Barcos.

Sábado 22 e domingo 23. O sábado de 16 h. a 22 h. e o domingo de 10 h a 14 h. estará instalado, na carpa, un simulador de astronomía. Con este simulador, instalado en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, preténdese achegar a Astronomía a todos os públicos, con información moi interesante sobre o Sistema Solar e sobre o espazo.

Domingo 23. O domingo 23 durante todo o día, haberá na carpa un parque móbil de parkour e skate, que en caso de choiva trasladarase ao pavillón da Florida. E, de 17.00 h. a 20.30 h., obradoiros e exhibicións de Trurnntablism, DJ, Breakdance e Danzas urbanas.

Domingo 23: A fin de semana péchase cun concerto de Rosa Cedrón e Emilio Rúa, a partir das 21.30 h. na carpa. Un concerto organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Rosa e Emilio interpretarán cancións compostas por ambos, así como temas tradicionais versionados por eles, entre os que, por suposto, non faltarán os cantos propios destas datas.

 

0
0
0
s2sdefault