Concello de Sanxenxo - A Banda de Música de Sanxenxo e a Escola Municipal de Música celebran o éxito do Concerto de Reis
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

O pasado 6 de xaneiro a programación de Nadal do Concello de Sanxenxo poñía punto final co tradicional Concerto Solidario de Reis.

Este concerto, organizado pola Banda de Música de Sanxenxo, tivo lugar na carpa instalada na Praza dos Barcos e o “prezo” de entrada era de 1Kg de alimentos non perecedoiros. Onte, a Banda facía reconto destes alimentos e sumaban preto de 220Kg recollidos, que serán entregados a Servizos Socias do Concello de Sanxenxo.

Banda e Escola teñen agora moi boa sintonía de traballo, realizando accións conxuntas como este concerto solidario.

Ademais este foi o primeiro concerto de José Varela Pardo ao fronde da banda de música. José Varela comezou os seus estudos de tuba, no ano 1995 e estivo nos conservatorios de Lalín e Santiago de Compostela. Impartiu clases como mestre de tuba na Escola Municipal de Sanxenxo, ademais de en Vila de Cruces, Valga, Teo, Tenorio, etc. Colaborador da Real Filharmónica de Galicia, tamén foi integrante da Banda de Música de Pontevedra e director da Banda de Candeán.

Dende a dirección da Banda, queren “agradecer a todas e cada unha das persoas que se achegaron ao concerto para desfrutar dunha cita que ano tras ano se vai consolidando como data obrigada no calendario local. Ademais de agradecer a entrega de alimentos, para as familias máis necesitadas do municipio.”

Pola súa parte, a Escola tamén quere “agradecer o éxito no número de asistentes e esperan que o público puidese desfrutar deste concerto, polo menos tanto como o fixeron eles interpretando un amplo repertorio”.

Dende a Concellería de Cultura, “celébrase o éxito de esta colaboración entre ambas agrupacións, esperando que este sexa un de moitos proxectos de futuro en común”.

0
0
0
s2sdefault