Concello de Sanxenxo - Cursos de organización e planificación do traballo escolar e técnicas de estudo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Cartel ESO

CURSO DE ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO TRABALLO ESCOLAR

A través deste curso o alumnado atopará novas formas de enfrontarse ás tarefas académicas e de organizar e planificar o seu traballo escolar coas, que se pretende lograr un maior rendemento co mesmo esforzo. Aplicando as técnicas de estudio que se propoñen, téntanse acadar mellores resultados. En definitiva, neste curso aprenderanse e practicaranse certas habilidades necesarias para estudar de forma eficaz e eficiente.

DESTINATARIOS: alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

LUGAR E DATAS: Usos Múltiples de Portonovo de xaneiro a maio de 2019.

HORARIOS: unha sesión semanal a escoller entre as seguintes: venres de 18 a 19h. / venres de 19 a 20h.
A actividade levarase a cabo sempre e cando haxa un mínimo de 10 inscritos/as nalgunha das sesións.

ACTIVIDADE DE BALDE

MÁIS INFORMACIÓN: Concellería de Educación, Cultura e Xuventude
Telf. 986 727 936 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Cartel Ed. Primaria

CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

As Técnicas de Estudo consisten en “aprender a aprender” de xeito eficaz e rendible, pero ao mesmo tempo de incentivarlles, mellorar capacidades e habilidades dentro dun ambiente lúdico que invite á participación e non se converta nunha ampliación do horario lectivo.

Trátase dun método que lles axude a mellorar o seu rendemento, crear hábitos de traballo e aproveitar o tempo. Ademais de estimular aquelas capacidades básicas onde os nenos manifestan dificultades e que inciden tamén de modo negativo no rendemento académico (atención, concentración, memoria, autoestima, motivación…).

DESTINATARIOS: alumnado matriculado en 5º e 6º de Educación Primaria.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Nos centros educativos onde o alumno/a estea matriculado/a sempre e cando haxa un número mínimo de inscricións.
- No Usos Múltiples de Portonovo.

PERÍODO DE REALIZACIÓN: de xaneiro a xuño de 2019 (comunicarase o comezo).

HORARIO: 1 sesión semanal dunha hora de duración os luns, xoves ou venres entre as 16,00 e as 19,00 h.

HORARIO DE ATENCIÓN Á PAIS: xoves de 19 a 20 horas no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo.

TAXA: inscrición: 20,00€. O pago farase a través de domiciliación bancaria.

Incrementos e descontos nas cotas:

- Están exentas do pago da cota as familias numerosas de categoría especial (entregar fotocopia do título).
- Desconto do 50 % ás familias numerosas de categoría xeral (entregar fotocopia do título).

MÁIS INFORMACIÓN: Concellería de Educación, Cultura e Xuventude
Telf. 986 727 936 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

0
0
0
s2sdefault