Concello de Sanxenxo - 21 mozos e mozas dos IES Sanxenxo, Vilalonga e Colexio Abrente, participarán no Programa Correspondentes Xuvenís 3.0
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

A través da Concellería de Educación, Cultura e Xuventude, un total de 21 mozos e mozas dos IES Sanxenxo, Vilalonga e Colexio Abrente, participarán no Programa Correspondentes Xuvenís 3.0 2018/2019 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Esta fin de semana (do 18 ao 20 de xaneiro), 18 dos 21 mozos e mozas do Concello de Sanxenxo inscritos no programa, van a participar no ENCONTRO AUTONÓMICO DE CORRESPONDENTES XUVENÍS en Gandarío no que participarán 304 mozos/as Correspondentes de toda Galicia. Neste encontro compartirán experiencias sobre o programa, aprenderán competencias para o desenvolvemento do mesmo, participarán en actividades lúdicas, culturais, etc.

A función dos Correspondentes é a de difundir información de interese para a xuventude a través das redes sociais, taboleiros informativos dos IES e por correo-e a outros/as mozos/as sobre temas, cursos, concursos, emprego, etc. e que reciben tanto desde a Xunta de Galicia periodicamente, como dende o Concello e o seus propios centros educativos. Ademais, nesa función de divulgación vai implícita labor de ser os canalizadores das demandas dos/as mozos/as coa administración.

A Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Paz Lago, quere “agradecerlle aos mozos e mozas do noso Concello a participación en programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, pero sobre todo, pola responsabilidade que están asumindo coa súa comunidade.”

 

INTERCAMBIOJUVENTUD

0
0
0
s2sdefault