Concello de Sanxenxo - O programa de formación para familias contará con Javier Urra e Catherine L'Ecuyer neste trimestre
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Despois de que o Concello e a Federación de ANPAs O Con apostaran conxuntamente co CFR por un programa de formación para familias, baixo o título “A familia como motor de cambio: educar no esforzo e na responsabilidade”, para este trimestre organizaron dúas conferencias que serán a continuación do curso de primeiros auxilios que tivo lugar en xaneiro.

Así pois, a primeira conferencia terá lugar este venres, 15 de marzo no Pazo Emilia Pardo Bazán ás 20,00 h. a cargo de Javier Urra. A súa intervención leva por título "Del niño consentido al adolescente agresivo" e está pensada para todos aqueles pais e nais que desexan coñecer e proveerse de pautas básicas para educar aos seus fillos e fillas apoiados en tres pilares básicos: autoridade, competencia e confianza. Estes tres pilares son os que minimizarán o risco de que os nenos/as consentidos de hoxe se convertan nos adolescentes desafiantes que terminan impoñendo o seu criterio de mañá.

“Dende as entidades organizadoras considérase interesante unha charla enfocada na adolescencia por ser esta etapa quizais a máis complexa para os pais e nais na súa tarefa de educar e que, ao mesmo tempo, recolle moitas das propostas realizadas polas familias en canto a temáticas a abordar”, afirmou a Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Paz Lago.

Javier Urra Portillo é especialista en Psicoloxía Clínica e Pedagogo-Terapeuta. Desempeñou labores de psicólogo forense na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e nos Xulgados de Menores de Madrid desde 1985. Foi Defensor do Menor na Comunidade de Madrid entre os anos 1996 e 2001 e Presidente da Rede Europea de Defensores do Menor. Pero sobre todo, Urra é coñecido polas súas intervencións en radio e televisión e por ser o autor de centos de artigos sobre psicoloxía forense e sobre a infancia en diversos medios, así como de varios libros de ensaio entre os que destaca o exitoso "El Pequeño Dictador. Cuando los padres son las víctimas" (2006).

A esta conferencia de Javier Urra seguiranlle unha conferencia de Catherine L´Ecuyer o próximo 5 de abril e o I Encontro de Familia do Salnés co título “A infancia: crianza e educación” o 1 de xuño.

 

sanxenxo familias segundo trimestre1 Página 1

 

sanxenxo familias segundo trimestre1 Página 2

0
0
0
s2sdefault