O pasado mércores tivo lugar a última reunión deste curso do Grupo de Traballo de Calidade Educativa onde se ultimaron diferentes cuestións relacionadas co I Encontro de familia do Salnés que terá lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán o próximo 1 de xuño e para o que en próximos días abrirase a inscrición.
Este I Encontro de familia dedicado a Infancia: crianza e educación, pechará para este ano académico o programa de formación para familias organizado polo CFR Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e as ANPAs do municipio. Nesta ocasión cóntase coa colaboración de Gapefa (gabinete de apoio a persoas e familias que emprega ferramentas de coaching, programación neurolingüística e intelixencia emocional) e de Lingoreta (centro muntidisciplinar de logopedia, psicoloxía, neuropsicoloxía, pedagoxía e psicomotricidade).