Concello de Sanxenxo - Exposición fin de curso do Centro de Arte
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Como cada ano, o centro de arte municipal realiza unha exposición dos traballos realizados ao longo do curso polo alumnado.

Nunha primeira exposición, é a quenda dos adultos, que mostrarán as súas obras na Sala Nauta, no Porto Deportivo.

Esta exposición comezou o día 6 de xuño e termina o próximo 16 de xuño, podendo visitarse de 19.30 h. a 21.30 h. de xoves a domingo.

Na súa gran maioría son obras figurativas, algunhas mostran a contorna paisaxística de Sanxenxo e, en canto á técnica, móstranse óleos e acrílicos sobre lenzo ou táboa e, tamén acuarelas de Rocío Nieto.

 

 

0
0
0
s2sdefault