Concello de Sanxenxo - Festas de San Antonio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Xa están aquí un ano máis as festas na honra de San Antonio.

O xoves día 13 ás 12:00h. darán comezo os actos festivos cun Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. De seguido, ás 13.00h. darán un concerto na Praza de Pascual Veiga.

Ás 19:00 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Antonio co coro parroquial de San Xinés de Padriñán. Ao finalizar, ás 20.00h. realizarase a tradicional procesión.

Ás 21:00 horas a Banda de Música Municipal de Redondela volverá actuar na Praza Pascual Veiga e ás 22:30 horas dará paso a verbena na Praza dos Barcos coa música da Orquestra Marbella.

 

 

0
0
0
s2sdefault