Sanxenxo terá un total de 89 actividades para o disfrute da veciñanza e visitantes durante a tempada alta, en todas as parroquias do municipio.
Estas actividades poden dividirse en 34 actividades lúdicas e culturais, 19 musicais, 17 deportivas e 20 festivas.
Das 89 actividades, 39 son organizadas directamente polo Concello. Dos 50 restantes, nas que participan asociacións, hai 10 das que asumimos o financiamento total das actividades, como é o caso das festas de Portonovo, de Sanxenxo, campus deportivos, etc.
O goberno quere agradecer a todas as agrupacións a súa implicación na programación cultural do municipio, xa que, sen o seu esforzo e traballo, as actividades do verán non serían posibles.
Esta programación ten un orzamento de 420.000€, dos cales, a Deputación de Pontevedra achega 34.737€, a través dunha subvención e Cultura no camiño 5.052€. A cantidade restante son fondos propios municipais.
Esta programación da comezo esta fin de semana con exposicións, festas patronais e actividades culturais:
SANXENXO CULTURAL: EXPOSICIÓN DECIMO ANIVERSARIO DO SEMINARIO DE ESTUDOS LOCAIS DE SANXENXO
Día: 5 de xullo
- Lugar: SALA NAUTA NON PORTO DEPORTIVO
- Hora: 20:30 h
- Organiza: Galicia Milenio e Seminario de Estudos Locais
- Colabora: Concello de Sanxenxo
FESTIVIDADE DO SANTÍSIMO SACRAMENTO
Día: 7 de xullo
- Lugar: Vilalonga
- Organiza: Comisión de Festas de Vilalonga
- Colabora: Concello de Sanxenxo
FESTAS DE SAN CRISTÓBAL
Días: 6,7,e 8 de xullo
- Lugar: Portonovo
- Organiza: Asociación Cultural Comisión de Festas San Cristóbal de Portonovo
- Colabora: Concello de Sanxenxo
III ENCONTRO DE LABORES
Día: 6 e 7 de xullo
- Lugar: Parque do Espiñeiro, Portonovo
- Hora: a partir das 17:00 h
- Organiza: Asociación Coral Polifónica Sta. María Adina de Portonovo
- Colabora: Concello de Sanxenxo
Á hora de deseñar esta programación desde a Concellería quixéronse manter os pequenos espectáculos e actividades con formato familiar, para o disfrute de maiores e pequenos, conservando os concertos nas parroquias e o cinema na rúa, que acumula anos de tradición.
Destaca o concerto de Óscar Ibañez& Tribo, coa Coral polifónica Sta. María Adina, Rebeca Santos e a Banda de Música de Sanxenxo, o festival de Bandas de música, observacións astronómicas, Torneo Princesa de Asturias de piragüismo, a concentración de motos, etc.