O V Certame de Pintura Rápida ao aire libre congregou este fin de semana en Arra a 33 persoas nunha edición marcada pola "gran calidade" dos cadros e pola alta participación. A cita consolídase ano tras ano no calendario estival do municipio ampliando a oferta cultural cunha aposta innovadora que convida a coñecer unha parroquia de gran tradición.
O xurado formado pola concelleira de Cultura, Paz lago; a representante do Centro de Arte de Sanxenxo, María Jesús Vázquez Martínez; Ana Cancela Muras, licenciada en Belas Artes e colaboradora de proxectos culturais desde varias asociacións; Raúl Gil Burés, gañador da edición pasada do certame; Bruno Vidal Torres, presidente da Asociación Cultural San Cayetano de Arra e Jesús Alberto Martínez, vicepresidente do colectivo. "En cada edición nótase a subida de nivel, pero nesta ocasión costounos moito decidir os gañadores. A alta participación tamén reflexa ou importante oco que se está facendo un certame diferente organizado pola Asociación Cultural San Caetano de Arra e coa que colabora encantado ou Concello", asegura Paz Lago.
Na categoría de adultos o primeiro premio foi para Manuel Carballeira Rivas e está dotado con 700 euros e o segundo recaeu en Eduardo Pérez Baamonde con 300 euros. No apartado infantil, ademais dunha entrada para o Paris Dakart, o primeiro premio até 12 anos, dotado con 100 euros foi para Sara Ortín e o segundo, de 50 euros, foi para Angela Martín Bragado. O primeiro premio para participantes de entre 13 e 16 anos foi para Rafael Eraso con 150 euros. "Souberon captar perfectamente a esencia da parroquia e da súa idiosincrasia", sinalou o presidente da Asociación Cultural San Cayetano de Arra, Bruno Vidal.
ARRA REÚNE A 33 PARTICIPANTES NO V CERTAME DE PINTURA AO AIRE LIBRE MARCADO POLA "GRAN CALIDADE" DOS CADROS
powered by social2s