Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACTIVA UN PROTOCOLO PARA O USO SEGURO DAS CASAS DE CULTURA MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

A Concellería de Cultura xa ten listo o protocolo que marcará a reapertura das casas de cultura municipais no que se recollen as medidas de prevención necesarias fronte ao Covid 19 para retomar a actividade de forma segura nestas instalacións. Os colectivos culturais ou asociacións que desexen utilizar estes espazos deberán facelo previa reserva e seguindo o plan previamente acordado co departamento que dirixe Paz Lago. “Somos conscientes que debemos responder á demanda dos colectivos. O Concello asume unha limpeza diaria, pero é preciso a colaboración e a implicación de todos”, indica a concelleira Paz Lago.

O Concello farase cargo dunha limpeza diaria das instalacións de luns a venres da Casa de Cultura de Dorrón, o Pazo de Emilia Pardo Bazán, a Casa de Cultura de Adina así como os edificios de Usos múltiples de Portonovo e Vilalonga. A limpeza nas casas de cultura de Bordóns e de Nantes realizarase en función da demanda. Cada un dos centros contará en cada espazo dun produto de desinfección para que cada colectivo ou usuarios realice a desinfección antes e despois de cada uso para garantir a limpeza.

Os usuarios deben comprometerse ademais en ventilar regularmente os espazos por un período de 15 minutos e non deixar ningún material na sala que ocupen. O acceso ás instalacións estará limitado aos usuarios polo que os acompañantes deben esperar fóra. A entidade ou colectivo solicitante do espazo debe comprometerse a manter a distancia de seguridade, o uso de máscara, hixienización con desinfectante e o control de aforo (recoméndase un máximo de dez persoas). Deberán contar tamén cun rexistro de usuarios por cada actividade e unha declaración responsable de boa saúde.

A reserva do espazo deberá ir acompañada dun compromiso asinado de acatar as normas que deberá ser entregado na Concellería de Cultura.

0
0
0
s2sdefault