A concelleira de Educación, Paz Lago, entregou onte as axendas escolares aos directores dos centros educativos do municipio durante unha reunión mantida no Pazo Emilia Pardo Bazán. En total repartiranse entre 1.360 alumnos dos colexios de Nantes (105), A Florida (145), O Cruceiro (190) e Portonovo (220), así como nos institutos de Sanxenxo (305) e Vilalonga (290). O investimento municipal neste material ascendeu a 3.364 euros.
Cada curso escolar, o departamento de Educación encarga un novo deseño para un instrumento crave na comunicación entre a comunidade educativa e as familias, pero tamén na organización do estudo e as tarefas do alumnado. Aos datos comúns para todos os centros, a axenda suma un apartado dedicado ao fomento do galego no que dunha forma lúdica familiarízase aos nenos e mozos coa lingua. Ademais, inclúese información relevante do centro educativo, un calendario e un espazo para comunicacións entre o centro e as familias.