Concello de Sanxenxo - San Pedro estrea terreo de xogo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Deportes

Na xornada do domingo, o Vilalonga C.F. estreou un novo terreo de xogo.

O pasado mes de maio, o Alcalde e o Concelleiro de Deportes visitaban o campo de fútbol de San Pedro en Vilalonga, para coñecer as principais necesidades do campo.

A herba natural deste campo presentaba un problema na raíz do céspede, e na base que o suxeita, o que estaba a provocar un deterioro progresivo no mesmo.

O goberno outorgou ao club unha subvención que ascende a 50.000€, para levar a cabo unha renovación completa do mesmo. Tras a súa instalación e uns meses sen uso para o bo crecemento da herba, estreábase o domingo pola tarde nun partido contra o Mondariz.

O seguinte campo no que o goberno terá que acometer melloras será en O Revel, xa que o paso dos anos, e a falta de mantemento provocaron que a herba artificial atópese totalmente queimada. Este campo é titulizado, de maneira habitual, polas categorías base do Vilalonga, varios equipos de veteranos e un equipo feminino.

0
0
0
s2sdefault