Concello de Sanxenxo - Carmen Aguiño Guío, subcampiona galega de atletismo en 1000 metros
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Deportes

Suso Sueiro, Concelleiro de Deportes estivo a coñecer a Carmen Aguiño. Carmen Aguiño Guío, natural da parroquia de Vilalonga adestra nas Escolas Deportivas Corbelo, en Portonovo e milita no Club de atletismo San Miguel de Marín, na categoría cadete.

Carmen, con tan só 13 anos debutou hai dúas tempadas no atletismo e o seu obxectivo é poder chegar algún día ao máis alto deste deporte. Trasládase xunto ao seu adestrador, Diego Calvete Carballa, os martes e os xoves ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde da man do técnico deportivo Carlos Landín, acompaña a outras deportistas de elite como Raquel Meaños.

A pesar da súa curta idade no deporte profesional, posúe xa un título alcanzado a tempada pasada, Subcampiona do Campionato Galego de 1000 metros.

A súa perseveranza e o seu empeño en traballar duro están a levarlle a unha progresión moi rápida en pouco tempo. O atletismo é un deporte que require moita dedicación e esforzo e Carmen superou xa a marca mínima para poder presentarse ao Campionato de España de 3000 metros en pista cuberta. Fíxoo na pista de Expourense, cun tempo de 10 minutos e 57 segundos. Así é que a veremos competir no Campionato de España, que se celebrará o próximo 16 de marzo en Sabadell.

O seu adestrador destaca a súa capacidade de organización, xa que compaxina con éxito os seus estudos cos seus adestramentos, destacando en ambos. É unha alumna sobresaínte e unha gran deportista. Gustaríalle estudar Medicina e non abandonar a súa paixón por este deporte chegando a competir profesionalmente no máis alto do atletismo.

 

0
0
0
s2sdefault