Concello de Sanxenxo - Máis de 600 inscritos danse cita esta fin de semana en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Deportes

Sanxenxo será ciclista esta fin de semana co Campionato de Galicia XCO e o Mini BTT.

Esta mañá, o Concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o Presidente do Team Corbelo, Iván Pérez, presentaron o V campionato de XCO que terá lugar en Punta Cabicastro (Portonovo), o sábado 22 de xuño.

Ademais do campionato, tamén se anunciou a VII edición do MINI BTT Concello de Sanxenxo, que terá lugar no mesmo escenario na xornada matinal.

Pola mañá a proba de MINI BTT terá lugar ás 10.30 h e será pola tarde, a partir das 16.30 h. cando se dispute a XCO. Para a primeira das probas hai un total de 441 inscritos, e para a tarde serán 160 os participantes, o que supón un éxito histórico de inscritos nesta proba.

 

0
0
0
s2sdefault