O Alcalde, Telmo Martín, e o Concelleiro de deportes, Daniel Arousa, recibiron ao Club Rítmica Salnés despois dos resultados conseguidos no campionato galego.
E é que este club, fundado en 2010 conta con 55 integrantes, con 5 categorías en escolar e 5 en promoción.
No campionato celebrado recentemente a nivel galego proclamáronse campioas galegas de promoción e subcampioas galegas en promoción respectivamente. Ademais, unha dos seus integrantes, Mariña Pérez, na categoría de individual, conseguiu o título de subcampioa galega de promoción.
Alcalde e Concelleiro estiveron con Claudia Piñeiro, Claudia Lema, Candela Piñeiro, Mariña Padín, Noa Piñeiro, Candela Fontoira, Lucía González, Aitana Castro, Alba González, Mariña Pérez e Aroa Martínez, e quixeron felicitarlles polos éxitos conseguidos porque todo esforzo e traballo teñen a súa recompensa.