O vindeiro domingo 30 de xuño, Paddel Surf Sanxenxo Club, organiza un roteiro desde a praia de Silgar ata a praia de Area de Agra. A saída está prevista ás 11:00 horas e unha vez alí farase unha breve parada para beber e prepararse para o regreso que será ás 14:30 horas.
Finalizada esta, os participantes recibirán unha medalla e uns agasallos dos colaboradores coa actividade e terán tamén un pequeno petisco que lles axude a repoñer forzas.
En todo momento a actividade estará acompañada polo servizo de Protección Civil de Sanxenxo, para velar pola seguridade dos participantes.
Este roteiro é unha travesía para gozar en grupo dunha experiencia que se realiza por terceira vez no noso Concello e espérase que podamos celebrar unha xornada do máis agradable.
O Concelleiro de Deportes Daniel Arosa da “grazas á dedicación e esforzo destes mozos no seu día a día” e destaca “a importancia de realizar actividades como estas en Sanxenxo que nos permitan aproveitar o potencial que temos no noso municipio”.