O partido terá lugar o xoves 1 de agosto no Campo de Fútbol de Baltar (Portonovo) ás 19:00 horas.
O Pontevedra C.F. enfrontarase ao Real Madrid Castilla nun partido amistoso e de carácter benéfico, en favor da Fundación Banco Farmacéutico de Galicia, que o destinará ao pago de fármacos e tratamentos médicos a persoas en situación de dificultade económica, especialmente á infancia, así como á investigación na loita contra o cancro.
Na presentación do partido, celebrada hoxe no Salón de Plenos do Concello de Sanxenxo, estiveron presentes Telmo Martín González, Alcalde de Sanxenxo, Paula Chapela Bamio, Presidenta do Banco Farmacéutico de Galicia, José M. Otero Lastres, Directiva Real Madrid, Lupe Murillo Solis, Presidenta do Pontevedra C.F., Manolo Martín Gómez, coordinador e organizador do Trofeo Manolo Martín e Raúl García de Louza, ex árbitro internacional.
O Salón de Plenos do Concello de Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación do XXXVI Trofeo Manolo Martín, un partido amistoso de carácter benéfico en favor da Fundación Banco Farmacéutico de Galicia, no que se medirán o Pontevedra C.F. e o Real Madrid Castilla o vindeiro xoves 1 de agosto no Estadio Municipal de Baltar (Portonovo).
Na comparecencia interviñeron Telmo Martín González, Alcalde de Sanxenxom, Paula Chapela Bamio, Presidenta do Banco Farmacéutico de Galicia, José M. Otero Lastres, Directiva Real Madrid, Lupe Murillo Solis, Presidenta do Pontevedra C.F., Manolo Martín Gómez, coordinador e organizador do Trofeo Manolo Martín e Raúl García de Louza, ex árbitro internacional.
O duelo entre os dous equipos de Segunda División B, terá lugar no Campo de Fútbol de Baltar (Portonovo) o próximo 1 de agosto ás 19:00 horas. A entrada ao partido terá un custo de 8 € para o público xeral e a venda realizarase os tres días antes do partido no Campo de Fútbol de Baltar en horario de 19:00 horas a 21:30 horas, así como o propio día do partido.
Trofeo Manolo Martín
Este Trofeo, que se ven celebrando desde o ano 1981, naceu nun primeiro momento para apoiar ao equipo de fútbol de Muxía e á formación dos mozos universitarios da localidade fillos de mariñeiros. Estamos a falar por tanto, dunha cita deportiva que desde os seus inicios estivo marcada por un claro acento solidario.
Esta cita deportiva celébrase todos os anos desde 1981 no mes de agosto, cada ano entre diferentes equipos e localizacións, pero sempre cun fin solidario.
Presenciaron devandito partido figuras como o Directivo do Real Madrid, José Manuel Otero Lastres, Emilio Butragueño, Arsenio Iglesias, unha das grandes figuras do fútbol e tamén Raúl García de Louza, prestixioso árbitro, Gerardo González (FEF), Antonio Reguera Repiso, José Trillo Fernández Abelenda, José Luis Vara Olveira e Ramón Piña, outros grandes xogadores de fútbol galegos.
Os beneficios do partido destináronse sempre a actividades benéficas e de solidariedade, sempre contando co apoio dos clubs participantes e autoridades locais. Este é o segundo ano consecutivo cuxos beneficios do partido van destinados á Fundación Banco Farmacéutico de Galicia, que o destinará ao pago de fármacos e tratamentos de persoas, especialmente a menores de Galicia que non teñen acceso aos mesmos, así como á investigación da loita contra o cancro. A edición do ano anterior enfrontou ao C.D Lugo e ao R.C Deportivo da Coruña no Estadio Anxo Carro (Lugo). O amistoso conseguiu a recadación de 25.930 € para a Fundación Banco Farmacéutico de Galicia.
Fundación Banco Farmacéutico de Galicia
A Fundación Banco Farmacéutico de Galicia é unha entidade que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades actuais de acceso aos medicamentos das persoas, especialmente aos nenos e nenas de Galicia, que se atopan en risco de exclusión social, favorecendo a súa inclusión social a través da mellora da saúde.
Cun equipo de profesionais detrás procedentes do campo da saúde, colexios farmacéuticos, traballadores/as sociais, equipo xurídico, etc. Fundación Banco Farmacéutico de Galicia faise cargo da parte dos medicamentos e tratamentos non custeada pola Seguridade Social.
Banco Farmacéutico de Galicia nace asociada á Fundación Amigos de Galicia, entidade coa que Manolo Martín leva anos colaborando. Esta entidade, que traballa con persoas en risco de exclusión social de Galicia, crea a Fundación Banco Farmacéutico de Galicia tras decatarse que persoas galegas, centrándose principalmente en nenos e nenas, ven obrigados a renunciar a tratamentos médicos por problemas económicos. Así é como nace o Banco Farmacéutico de Galicia, co obxectivo de garantir que ningunha persoa galega, especialmente a infancia, teña que renunciar á súa saúde por motivos económicos.
É presidente de honra de ambas as fundacións D. Ramiro Carregal Rey, propietario do Grupo Frinsa, que colabora con ambas as entidades profundamente en prol das persoas máis vulnerables da nosa sociedade.
Axuda para o pago de dispositivos para menores gallegos
Detectado un elevado número de menores en Galicia que non teñen acceso a audífonos, dada a situación de carencia de recursos na que se atopan moitas familias, Banco Farmacéutico de Galicia conta con convenios de colaboración con outras empresas e entidades para cubrir o pago destes dispositivos para menores gallegos, facéndose cargo do mesmo tanto o Banco Farmacéutico como os concellos.
Outra das enfermidades detectadas en aumento na infancia é a diabetes. Fundación Banco Farmacéutico de Galicia faise cargo do pago de sistemas de monitoraxe de glicosa para os menores gallegos que sofren esta enfermidade, e cuxas familias non poidan facerse cargo do pago do mesmo. Con estes sistemas a calidade de vida dos menores mellora notablemente, evitando a intranquilidade da familia no tempo en que os pequenos/as están no centro escolar.
Apoio da investigación da loita contra o cancro
Desde o Banco Farmacéutico de Galicia están a apoiarse as investigacións realizadas por profesionais en hospitais, laboratorios, etc. de Galicia, para os fármacos que axuden a mellorar a calidade de vida dos pacientes, especialmente en proxectos de investigación na loita contra o cancro, e en especial as investigacións de ONCOMET. Parte dos beneficios do partido benéfico irán destinados á investigación que traballan na loita contra o cancro.