O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Daniel Arousa, recibiu onte aos integrantes da directiva do novo club local "Balonmán Sanxenxo". A súa presidenta Silvia Ramírez, acompañada do coordinador e adestrador Wallace Moreira, Cristina Ramírez, Beira Fernández e Wladimir Castiglia regalaron un equipamento do club ao rexedor e ao edil e trasladáronlles a ilusión neste novo proxecto centrado na base.
Fai dezaseis anos que Sanxenxo non conta cun club de balonmán no municipio e tanto o alcalde como o concelleiro comprometéronse a colaborar e axudar en todo o que sexa posible como xa se está facendo con outros clubs locais. "Nestes momentos empezaremos coa categoría de biberón e chegaremos até infantil, pero o noso obxectivo é avanzar e chegar a senior", explicou a súa presidenta.
Tras o verán, o alcalde e o concelleiro de Deportes emprazaron á directiva a unha reunión na que poder formalizar a colaboración e a disposición dos espazos deportivos nos que poidan adestrar e tamén competir. As persoas que estean interesadas en inscribirse poderán facelo a través de WhatsApp no número 622 21 79 34 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..