O equipo estreou o protocolo básico elaborado pola Concellería de Deportes para as instalacións municipais
Viajes Interrías Fútbol Femenino iniciou onte os adestramentos tras a autorización da Xunta de Galicia que permite retomar a actividade aos equipos que compitan en categoría nacional. O grupo estreou o protocolo básico elaborado pola Concellería de Deportes para a apertura das instalacións deportivas municipais.
A volta á actividade por parte de Viajes Interrías enmárcase na fase 1 do documento municipal na que se limita o aforamento máximo a 25 persoas, incluído corpo técnico e xogadoras. A entidade deportiva debe fixar a persoa que actuará como coordinadora e que se responsabilice do cumprimento dos protocolos e normas. Tomarase a temperatura ás xogadoras que accedan ao campo e non se permitirá o uso dos vestiarios.
Cada campo, neste caso o do Noalla, conta cun itinerario marcado de entrada e saída das instalacións cun posto de hidrogel e unha zona para o cambio de calzado.