Concello de Sanxenxo - A XXIII edición da Festa da Raia superou as cifras de 2017. 2.134 racións servidas na lonxa, 300 máis, e 1.750 tapas servidas nos locais da ruta de pincho, 200 máis que o ano pasado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A XXIII Edición da Festa da Raia en Portonovo congrego una Lonxa a miles de persoas durante o fin de semana. Un total de 2.134 racións foron servidas nas instalación da Lonxa para celebrar a festa gastronómica. Un dato que supera ao do ano pasado 2017 en case 300 pratos máis.

O prato estrela da festa continúa sendo a Raia en Caldeirada, con cerca de 300 ración servidas, pero tamén tivo moito éxito pratos como a raia á prancha con cachelos e ensalada, o salpicón de raia ou a empanada. Outro dato significativo é que o sábado pola noite xa se había consumido o volume de albariño de todo o fin de semana en 2017.

A ruta do pincho e raia tamén superou as cifras do ano pasado, con 1.750 tapas vendidas, superando en 200 á do ano pasado.

O goberno quere agradecer aos locais da vila o seu esforzo e participación e anima aos demais locais a que se sumen nas sucesivas convocatorias da ruta. Os participantes deste ano foron: a Fonte da Vella , A taberna do Varadoiro, Bar El Puente, Bodega Viña Pedreira, Cervecería Azor, Cova de Ons, La Portonovesa, Mar do Pintor, Mesón Fontán, Pepa a Loba, Restaurante Xerfa e a Taberna A Batea. En xeral, a maior parte deles fan unha valoración moi positiva en canto a racións vendidas e o ambiente durante o fin de semana.

O pumptruck instalado polo Club ciclista Corbelo, nas inmediacións do porto tivo un gran éxito de afluencia entre o público infantil. Os máis pequenos tamén puideron desfrutar co obradoiro de cociña, a cargo da pizzería Milano, no que prepararon pizza de raia. Os showcooking do Obradoiro de Hostalería do Salnés, de FranSotelino e de Carmen Lima foron unha boa forma de acercar este produto ao público asistente e dar a coñecer diferentes formas de preparalo.

As exposicións de embarcacións, da maqueta da vila de Portonovo nos anos 60, a organizada polos amigos da Dorna, a vespa raiada e a música e os espectáculos tamén conseguiron dinamizar e animar a festa.

Todo isto rodeado da experiencia + Cantos. Unha proposta destinada a desfrutar da nosa música popular e tradicional da man de Nelson Quinteiro.

Un dos momentos máis emotivos da fin de semana e que máis público concentro una carpa foi o acto de entrega da Raia de Ouro, que este ano quixo recoñecer unha traxectoria de 25 anos e o traballo diario do Club de Xubilados de Portonovo.

 

0
0
0
s2sdefault