Concello de Sanxenxo - Sanxenxo obtén 13 bandeiras azuis, recuperando a de Areas e Caneliñas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A Capital turística das Rías Baixas suma un total de 21 galardóns, sen contar o Club Náutico de Portonovo

 

O goberno de Sanxenxo quere expresar a súa satisfación por haber acadado 13 bandeiras azuis para 16 praias. Ademais das 11 que xa se obtiveron o ano pasado, recuperáronse o galardón en dúas praias emblemáticas e concorridas como Areas e Caneliñas.

 

A lista das bandeiras azuis sería a seguinte:

 

 

  • Areas

  • Caneliñas

  • A Lanzada- O Espiñeiro

  • Canelas

  • Montalvo

  • Silgar

  • Bascuas

  • Major

  • Foxos- Nuestra Señora de A Lanzada

  • Areas Gordas- A Lapa

  • Pragueira

  • Baltar

  • Paxariñas

O mérito corresponde fundamentalmente aos técnicos da concellería de medio ambiente, ás persoas externas que colaboran con eles, ao persoal de limpeza e mantemento das praias e tamén por suposto á anterior concelleira  de medio ambiente, Coral.

Ademais das 16 praias, Sanxenxo obtivo 6 senderos azuis, o que significa que ós catro que xa tiñamos (Sanxenxo - Portonovo, Canelas - Punta Cabicastro, Montalvo – Major, A Lanzada) hai que engadir o de Areas – Punta Festiñanzo e o de Paxariñas - Montalvo.  Mantéñense os galardóns do Porto Deportivo de Sanxenxo e o do Centro de Interpretación A Telleira, ademais do Club Náutico de Portonovo.

 

Juan Deza, o concelleiro de medio ambiente, dixo que “estamos contentos polos 21 galardóns, pero queremos máis, e podemos conseguilos, porque as analíticas das 18 praias no último ano deron unha cualificación de excelente”

 

 

0
0
0
s2sdefault