Concello de Sanxenxo - O día 14 abre o prazo para inscribirse no programa Paifill@nai de Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O concello de Sanxenxo, dende o Centro de Información á Muller, pon en marcha unha nova edición do Programa PaiFill@Nai, O programa se desenvolverá dende o 2 de xullo ata o 31 de agosto, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, no CEIP Portonovo.

 

 

O prazo para solicitude de praza é do14 ao 21 de maio (con un prazo a maiores de 10 días, dende a presentación da solicitude, para poder entregar documentación pendente).

 

 

Serán dous os tipos de horario do programa, uno amplo e outro reducido.

 

A entrada de aqueles que escollan a modalidade de horario amplo será a partir das 8.00h. ata as 10.00h. A hora de saída será ás 13.20h. (sen comedor), ás 14.30h. (con o sen comedor) ou a partir das 15.00h. ata as 16.45h con comedor.

 

 

La opción do horario reducido terá como hora de entrada entre as 9.00h. e as 10.00h. e as 13.20h (sen comedor) como horario de saída.

 

 

Os prezos para o horario amplo serán de 210€ polos dous meses, 130€ por un mes e 80€ por medio mes. O horario reducido terá un prezo de 170€ para os dous meses, 95€ por un mes e 60€ por medio mes.

 

 

Non so se manteñen os prezos do ano pasado, senón que se rebaixan 5€ en cada prazo posible de inscrición. Ademais, haberá descontos para o segundo y terceiro fillo que solicite praza no programa.

 

 

Para máis información, ou para recoller a documentación das solicitudes, pódese acudir ao Centro de Información á Muller, no teléfono 986.72.79.01, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

 

El programa PaiFill@Nai é un programa de conciliación posto en marcha polo CIM, que este año enfoca as actividades para traballar cos nenos e nenas dende a igualdade de xénero e a prevención da violencia, dentro dun espazo para favorecer e promover o xogo, o establecemento das relacións sociais, a espontaneidade e a autonomía desde o respecto e os hábitos de vida saudables e o traballo das emocións. Realizaranse diferentes talleres: de reciclaxe, lectura, cociña divertida, ábaco, inglés, teatro, debuxo, modelaxe, deportes….  

 

0
0
0
s2sdefault