Concello de Sanxenxo - O goberno reordena as illas de recollida de residuos en Sanxenxo e Portonovo para que ninguén teña que desprazarse a distintos puntos segundo o tipo de residuo e mellorar a imaxe de limpezas das vilas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno estudou detidamente a ubicación dos distintos contenedores de residuos urbanos e reciclaxe das vilas de Sanxenxo e Portonovo e chegaron á conclusión de que se pode mellorar a súa distribución, reagrupando contenedores, creando novas illas e potenciando as que xa existen.

Trátase, por un lado, de concentrar en illas os catro tipos de contenedores de maneira que os veciños e visitantes non teñan que desprazarse a distintos puntos segundo o tipo de residuo e, ademais, a nova distribución permite dar unha imaxe máis ordenada e limpa das vilas.

Reagrúpanse contenedores que agora están illados, creando novas illas (circulo azul), potenciando illas que xa dispoñían dos catro tipos de contenedor, pero que necesitan aumentar o seu número (círculo verde) e potenciando illas nas que faltaba algún contenedor de reciclaxe, xa fora de papel, vidro ou envases (círculo amarelo).

Na zona do mercadillo, entorno dos campos de fútbol de Baltar, que celébranse os luns e xoves, créanse illas de reciclaxe (color rosa) para a recollida de envases lixeiros e papel. Axuntamos planos das vilas de Sanxenxo e Portonovo coa distribución das illas de recollida de residuos e reciclaxe.

Un caso especial é a eliminación do contenedor soterrado da praza dos barcos, á entrada deportivo de Sanxenxo. Trátase dun contenedor que da moi mala imaxe por estar situado nunha zona de tránsito. A mellor solución para mellorar a imaxe desta zona, que o goberno xa falou con distintos locais, é que depositen os residuos no gran container do porto deportivo (círculo grande laranxa).

No porto deportivo o goberno tamén ten a intención de poñer en orde as numerosas casetas que hai para a venta de tíckets para excursións en barco e outras actividades náuticas. Para iso vaise instalar unha caseta máis grande, que ofreza unha imaxe máis acorde cunha zona tan emblemática, e na que cada unas das empresas terá o seu propio portelo.

 

0
0
0
s2sdefault