Concello de Sanxenxo - Servizos sociais incorpora animadores especializados para atender a nenos e nenas con NEAE nas actividades de verán.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nos últimos meses, o Concello de Sanxenxo e a Asociación de Neen@s, traballaron xuntos para coñecer a demanda de participación nos programas de lecer no verán de familias con fillos con necesidades específicas de apoio educativo.

Así, a coordinación entre as concelleiras de Servizos Sociais, Educación e Deportes permitiu dar cabida e prestar atención especializada aos nenos con necesidades específicas de apoio que se matriculen nos programas "Obradoiros na Rúa" e " Campus Polideportivo ". Isto será posible grazas á incorporación de tres monitores especializados nos equipos de persoal que realizan os programas. En "Paifillon@i", cuxa matrícula pechou fai uns días, non se solicitaron solicitudes respecto desta demanda. “A intención é traballar a inclusión favorecendo que a maioría dos nenos e nenas poidan desfrutar das actividades de verán.”, dixo Silvia Freire, concelleira de Servizos Sociais.

Ademais, desde NEEN@S insisten: “é importantísimo que se faga un traballo conxunto entre administración e familias. Dende Neen@s , grazas á experiencia e ó noso traballo diario, podemos facer de canalizadores de información para axudar á hora de poñer novas iniciativas en marcha”.

Para poder levar a cabo esta iniciativa, a contratación do persoal necesario, supoñerá un custo para as arcas municipais de preto de 8.000 €, que se asumirán con fondos propios.

As familias que teñan inscrito ou vaia inscribir os seus fillos nalgúns dos programas e precisan atención especializada, deberán solicitalo por escrito no Pazo Emilia Pardo Bazán especificando o diagnóstico do neno. Dende as áreas de educación e deportes serán estudadas co fin de dar cabida a toda a demanda establecendo, se fose necesario, quendas de participación en ambos os programas.

 

 

0
0
0
s2sdefault