Concello de Sanxenxo - A concellería de medio ambiente dota ás praias de contedores verdes e amarelos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este ano, en lugar das papeleiras que sempre quedaban pequenas, a concellería de medio ambiente colocou en todas as praias contedores verdes e amarelos. Desta forma auméntase a capacidade, evitando que o lixo que non cabía nas papeleiras acabase no chan e o vento o puidera levar. E, ademais, este modelo vai permitir a separar os residuos, como xa se fai no resto de concello.

 

Hai praias como é o caso de Montalvo e Major que teñen varios accesos polo que se colocarán 2 contedores (1 amarelo e 1 verde) por cada unha das entradas do areal.

 

 

OUTRAS MELLORAS

 

Ademais, vanse colocar 5 lavapés nas seguintes praias, Agra, Panadeira, Caneliñas, Canelas e Bascuas. Tamén se instalaron 3 fontes de aceiro inoxidable no paseo de Baltar, non no das táboas senón no que transcorre paralelo á PO-308.

Por outro lado, no parque de punta de Vicaño vanse colocar 4 novos bancos, dous á entrada ao parque e outros dous pegados ao mar, para poder desfrutar da vista que ofrece esta zona.

Na Lanzada, para mellorar a seguridade dos peóns instalouse, en colaboración coa Comunidade de Montes de Noalla, unha luminaria nun dos pasos de peóns, co obxectivo de mellorar a visibilidade, tanto dos transeúntes como dos vehículos que circulan pola PO-308.

 

0
0
0
s2sdefault