Concello de Sanxenxo - O goberno conseguiu ata agora un aforro de 405.825€ sobre o previsto no Parque Empresarial
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá o alcalde e a concelleira de urbanismo informaron aos membros do Consello Reitor do parque empresarial como van as obras de urbanización e tamén sobre as últimas xestións realizadas polo goberno respecto.

As obras adxudicáronse por 261.679€, repartidas en 5 proxectos que xa están practicamente rematados e nos cales finalmente se conseguiu un aforro de 105.825€ con respecto á estimación inicial (367.504€) que se deu aos propietarios.

Doutra banda, sobre a liña de media tensión, nos dous últimos meses o alcalde mantivo numerosas reunións con responsables de Unión Fenosa. Estas xestións desembocaron na firma dun convenio entre o Concello e Unión Fenosa que permite un aforro de 300.000€ sobre o custo que inicialmente estableceran os técnicos do Concello.

Por tanto, dos 638.391€ orzados que terían que achegar os propietarios a maiores do diñeiro do AVAL, as xestións do goberno conseguiron ata agora aforrar 405.825 €, o que rebaixa a cantidade que terán que achegar os propietarios a 232.566€. Pero puidese resultar que finalmente esta cantidade aínda se reducise máis se se consegue adxudicar as obras da nova tubaxe de conexión coa depuradora por baixo do prezo de licitación que se valorou en 476.125€.

En canto á mellora da tubaxe que conecta o parque coa depuradora de Meaño, o alcalde mantivo varias reunións no último mes con Augas de Galicia e a alcaldesa de Meaño para reducir as augas de pluviais que Sanxenxo e Meaño agora verten, innecesariamente, á depuradora. A redución do caudal de augas pluviais procedentes de ambos os concellos permitiría manter o plan previsto de substituír a tubaxe do parque que agora é de 315mm por unha de 500mm.

En resumo, o goberno está seguro que se cumprirán os prazos comprometidos na folla de ruta, de maneira que o 22 de outubro, o parque será entregado aos seus propietarios e ademais cun aforro considerable con respecto ás previsións que os técnicos do Concello fixeron.

 

 

0
0
0
s2sdefault