Concello de Sanxenxo - Esta semana comezou a segunda fase das obras de mellora do Centro de Día
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois da licitación e adxudicación da segunda fase das obras de mellora do Centro de Día Municipal de Sanxenxo, os traballos, valorados en 61.710€, comezaron esta semana.

Do total do orzamento, aproximadamente 30.000€, serán asumidos con fondos propios municipais. O importe restante será asumido pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, a través dunha subvención concedida.

En canto á fachada, vaise substituír o actual cerramento de plaqueta de lousa por unha fachada ventilada con paneis de aluminio. Isto faise para lograr un maior illamento ao frío e á calor e para liquidar o problema de filtracións de auga.

A marquesiña mellorará as entradas e saídas ao Centro dos usuarios, resgardándoos do frío, do sol e da choiva. Esta estrutura terá unha dimensión de 34 m2.

Por último, a pérgola na terraza interior, de 35 m2, permitirá utilizar un espazo que na actualidade está en desuso, para saír ao exterior do edificio, quedando resgardados do sol e da choiva.

0
0
0
s2sdefault