Concello de Sanxenxo - O goberno renovará as marquesiñas do municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A deputación aprobou o proxecto para a subministración de marquesiñas presentado ao Plan Concellos.

O goberno de Sanxenxo presentou á convocatoria do plan concellos un proxecto para este ano 2018 valorado en 55.300€ e outro para o ano 2019, que ascende a 74.480€, para a adquisición de marquesiñas para as paradas de autobús.

Esta semana a Deputación de Pontevedra notificou a aprobación para financiar o investimento das primeiras 14 marquesiñas que se renovarán no Concello.

As localizacións serán as seguintes:

 

  • A Costa, Dorrón.

  • Avda. de León.

  • Circunvalación.

  • Montalvo.

  • A Revolta.

  • Empalme, Vilalonga.

  • Gondar.

  • Magaláns.

  • Infantería de Mariña.

  • Vinquiño

  • O Santo.

  • Rouxique.

  • Soutullo, Noalla.

  • Tramalleiro, Noalla. 

As marquesiñas terán unhas dimensións aproximadas de 2,50 X 1,20 X 2,20 metros, cun banco interior. Estarán cubertas con placas de polietileno e cun lateral de leste mesmo material e o outro de cristal.

O obxectivo principal deste proxecto é protexer aos escolares das liñas de autobuses das inclemencias do tempo durante os períodos de espera. Ademais de facer máis cómoda a espera e mellorar, en definitiva, a calidade do transporte escolar.

 

0
0
0
s2sdefault