O proxecto de mellora e humanización da zona portuaria e a fachada marítima de Portonovo é unha actuación tan ambiciosa como foi no seu momento o porto deportivo de Sanxenxo. Un proxecto pensado para desenvolver todo o potencial económico e turístico de Portonovo.
Mellorar os espazos para a actividade pesqueira, crear un centro de piragüismo e deportes náuticos e un museo da Dorna, xerar unha gran praza pública de 15,000 m2 e dotar a Portonovo de máis de 400 prazas de aparcadoiro cun parking subterráneo debaixo da praza pública, son algúns dos obxectivos que pretende o proxecto.