Obras que, cun investimento de máis de 150.000€, melloran as condicións tanto de usuarios como de traballadores.
Ademais da adquisición dun vehículo novo, levouse a cabo a colocación de linólio no chan, pintado de todas as dependencias, adaptación do aseo, reparacións na carpintería, sistema de ventilación, alarma contraincendios, plan de evacuación, no interior. E recubrimento de toda a fachada, pérgola na entrada principal e na fachada traseira, saneamento na zona de depósito de propano e maquinaria de aire acondicionado, no exterior.