Concello de Sanxenxo - Ritmo frenético do Concello para poder licitar 8 proxectos que suman case 9 millóns de euros de investimentos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nos dous últimos meses, e no que queda de ano, o Concello está inmerso nun ritmo frenético para poder licitar proxectos que supoñen un investimento de 8.907.747€.

O pasado 1 de outubro adxudicouse a mellora do parque de Panadeira por 457.836€. O 5 de outubro, a renovación das pistas polideportivas do parque de Espiñeiro en Portonovo por 189.519€. O 15 de novembro adxudicouse a humanización da rúa Progreso, por un importe de 2.576.089 €, unhas obras que se iniciarán proximamente.

O 23 de novembro sacouse a licitación o Centro Socio Cultural de O Revel Vilalonga por 1.555.577€, que está pendente de valorar as ofertas unha vez que se presenten e a súa posterior adxudicación. O 30 de novembro sacouse a licitación as marquesiñas escolares por 52.000€ e o 5 de decembro o club de Piragüismo por 280.000€.

Antes de que finalice o ano está prevista tamén a licitación do Pazo Quintáns por un importe 1.917.093€. Previamente fixéronse os traballos de limpeza e poda na leira de 10.000 m2 que rodea o Pazo por un importe de 15.000€. Outro proxecto que se poñerá en marcha antes de acabar o ano é a urbanización dos terreos municipais de O Revel de 73.100 m2 e que implica un investimento de 1.873.633€.

Por tanto, o Concello acaba o ano 2018 con toda a maquinaria dos departamentos de contratación e intervención a pleno funcionamento para poder sacar adiante todos os proxectos que o goberno xestionou nos 18 meses que leva exercendo.
Este goberno está obrigado a facer en dous anos o que normalmente fai un bo goberno en catro anos. Un compromiso que adquirimos cos veciños e que a ninguén lle caiba a menor dúbida que imos cumprir.

0
0
0
s2sdefault