Espectáculo de maxia, Danzas de Reis, Recepción do Carteiro Real e Concerto Solidario.
As actividades organizadas na carpa de nadal chegan ao seu fin esta fin de semana.
O venres día 4, ás 18.00h. terá lugar un espectáculo de maxia a cargo de Pedro Volta. Ao rematar, ás 21.00h, Soalleira chegará ao escenario coas súas danzas de Reis.
O sábado día 5, ás 12.00h. o Carteiro Real fará unha recepción nas instalacións da carpa para recoller as cartas dos máis pequeños cos seus desexos para a chegada dos Reis.
O Concerto Solidario de Reis, a cargo da Banda de Música de Sanxenxo e da Escola de Música Municipal, pechará as actividades da carpa, o domingo día 6, ás 19.30h. Un concerto solidario, que terá como “prezo de entrada” 1Kg de alimentos non perecedoiros.