Concello de Sanxenxo - Sanxenxo suscita interese o primeiro día en Fitur
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo mantén un ano máis a súa presenza estratéxica en IFEMA, coa instalación de dúas tótems na entrada do pavillón 9, dedicados a mostrar algúns dos atractivos turísticos do municipio.

A participación de Sanxenxo nunha das feiras turísticas máis importantes do mundo está localizada a través da caseta de Galicia, Nel, os visitantes poden obter información sobre as accións postas en marcha por parte de Turismo de Sanxenxo. Cunha nova remesa de folletos promocionais do municipio, xenéricos e temáticos (gastronomía, náutica, lecer, deportes, turismo familiar, calidade turística, etc.) tamén haberá merchandising promocional da marca a disposición de profesionais e público en xeral que visite a caseta.

Sanxenxo presenta en FITUR as súas tarxetas coa tecnoloxía NFC. Un sistema cada vez máis usado, co que se poderá recibir información de interese como planos, audioguías, imaxes, vídeos, etc. Estas tarxetas contan cun chip integrado, no que se pode cargar información. Ao achegalas aos nosos dispositivos, a información que cargásemos previamente aparecerá na pantalla de forma automática. Esta información estará en continua actualización e ademais pode personalizarse para un tipo de visita concreta ou para uns gustos determinados.

Alcalde, tenente alcalde e concelleiro de turismo participarán ao longo dos días de feira, en diferentes actos e reunións promocionais, acompañados de membros do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, unha asociación crave no desenvolvemento da actividade económica do noso municipio.

A axenda de Sanxenxo en FITUR inclúe ademais actos institucionais, presentacións e reunións de traballo con empresas e empresarios, nacionais e internacionais, todo iso co obxectivo de promocionar o destino.

0
0
0
s2sdefault