Concello de Sanxenxo - Preto de 400 veciños xa se acolleron ás dúas horas gratis nos aparcadoiro de Nauta
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 380 veciños xa gozan desde o pasado 25 de xaneiro das dúas horas gratuítas do parking de Nauta.

O goberno local levaba ao último consello de administración de Nauta Sanxenxo, a posta en funcionamento das dúas horas gratuítas de aparcadoiro no parking da empresa municipal.

O sistema de funcionamento das 2 horas gratis para vehículos censados en Sanxenxo resúmese en:

  • 2 horas gratis unha vez ao día.
  • Non é posible escoller o tramo horario, o desconto aplicarase a primeira vez que se accede ao parking ese día.
  • Tras esa primeira vez, e nos próximos accesos dese día, mesmo se non se usaron as dúas horas, só aplicarase o desconto dunha hora xa en vigor.
  • Este desconto non se aplicará durante Semana Santa, Xuño, Xullo, Agosto e Setembro.
  • Para obter o desconto será necesario darse de alta no propio aparcadoiro achegando os seguintes datos: 

           - Nome e apelidos.
           - Matrícula do vehículo.
           - Correo electrónico e número de teléfono.

  • Estes datos serán verificados para comprobar que o vehículo está censado no Concello de Sanxenxo, é dicir que paguen o imposto de vehículos no municipio.
  • Tras 24/48 horas recibirán un correo electrónico ou unha chamada para confirmar que xa se dispón do desconto. Sen esa confirmación non será aplicado o desconto.
  • O desconto vai acondicionado á lectura da matrícula, polo que o usuario ao retirar o ticket terá que comprobar que a matrícula aparece rexistrada no mesmo.

As persoas que non poidan acollerse a estas dúas horas gratuítas seguirán gozando da primeira hora gratis no aparcadoiro como ata agora se viña facendo.

Estas medidas puxéronse en marcha co obxectivo de dinamizar a actividade económica de Sanxenxo nos meses de tempada baixa.

 

0
0
0
s2sdefault