Concello de Sanxenxo - O goberno traballa na renovación e posta a punto de varios espazos ao aire libre moi concorridos, especialmente nos meses de primavera e verán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As Concellerías de Medio Ambiente, Urbanismo, Infraestruturas e Educación están a traballar na posta a punto e na renovación de distintos espazos públicos que concentran a moitos veciños e visitantes, especialmente durante os meses de primavera e verán.

A Concellería de Medio Ambiente vai investir 46.000€ na posta a punto dos 29 parques infantís que hai repartidos nas 7 parroquias. O ano pasado xa se fixo unha labor similar, xa que se trata de espazos moi concorridos, que requiren unha constante actualización por razóns de utilidade e seguridade. Este investimento súmase á realizada hai un ano, de 40.000€ nestes parques para mellora de deficiencias e posta a punto destes espazos.

A Concellería de Medio Ambiente adxudicou recentemente a compra de 6 módulos de praias á empresa Despertando Sociedad de Gestión Inmobiliaria y Náutica S.L. (METRALLA) cun investimento de 120.000€. Os módulos están a construírse nestes momentos e entregaranse proximamente. Está prevista a súa instalación nas praias da Lanzada, Bascuas, Paxariñas, Canelas, Caneliñas e Silgar. Ademais dos plans de mellora de acceso a todas as praias que a concellería realiza anualmente.

Tamén se van a investir 25.000€ en melloras en instalacións deportivas e está próxima a finalización das obras da pista polideportiva cuberta de Nantes na que se investiron 199.990€. Unhas instalacións que poderán ser utilizadas tanto durante o horario escolar como tamén o resto do tempo.

Os proxectos de reforma do parque Panadeira cun investimento de 457.836€ e as 3 pistas deportivas do parque Espiñeiro de Portonovo por 186.519€ están pendentes dos últimos detalles, como a colocación de chan de caucho e céspede artificial. En ambos os casos a finalización das obras é inminente, a finais deste mes ou principios de marzo.

 

 

0
0
0
s2sdefault