Concello de Sanxenxo - Empresarias Galicia e Concello de Sanxenxo celebran o encontro das empresarias da comarca do Salnés
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación Empresarias Galicia ven desenvolvendo diferentes encontros coas empresarias galegas para dar visibilidade á labor da muller empresaria.

O Concello de Sanxenxo colabora con Empresarias Galicia consciente da importancia do papel da muller no mundo empresarial.

O próximo 28 de febreiro, ás 20.30 h, terá lugar o encontro que Empresarias Galicia e Concello de Sanxenxo, realizan no Real Club Náutico de Sanxenxo, coa presenza de Susana Pérez, Presidenta da Asociación e Yolanda Bóveda, membro da xunta directiva e delegada na comarca do Salnés da Asociación. Pola súa banda, Zoe Rey, Founder en Ara de Rey, é a invitada que presentará a súa experiencia profesional como empresaria e muller.

Este encontro ten como principais motivos visibilizar a labor da muller no mundo empresarial, dar a coñecer as actividades que a asociación ven desenvolvendo de forma continua na contorna, así como fomentar o achegamento das empresarias da comarca do Salnés.

Esta reunión enmárcase dentro das distintas actividades que Empresarias Galicia ven realizando por toda Galicia desde a súa fundación en 2016 e dentro do plan estratéxico 2019-2020, no que, tras o incremento da súa Xunta Directiva o pasado mes de xaneiro, propúxose impulsar a súa andaina mantendo os seus principios fundacionais, promovendo e dando visibilidade á figura da muller na contorna profesional, cun claro compromiso na protección da muller e defensa da igualdade de xénero en todos os ámbitos sociais e económicos.

Empresarias Galicia é unha asociación con representatividade en todo o territorio galego e unha sólida traxectoria na procura da igualdade da muller en todas as súas facetas. Conseguir a igualdade de oportunidades no acceso ao mundo laboral, eliminando calquera barreira discriminatoria, defender a libre iniciativa privada da muller, facilitar o networking entre empresas fomentando a colaboración entre as socias e colaboradoras coa finalidade de obter unha maior actividade empresarial das mulleres, impulsar a formación integral da muller desde o punto de vista empresarial e profesional e fomentar o asociacionismo empresarial, son as bases que moven a Empresarias Galicia.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault