Concello de Sanxenxo - Sanxenxo participa nun programa europeo para fomentar a actividade física nos maiores
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Institucións de cinco países participan en In Common Sports, un proxecto europeo que estuda como motivar ás persoas maiores a facer deporte liderado pola Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

O grupo HealthyFit desenvolverá este estudo en Sanxenxo, xa que o Concello mantén un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo por ter un programa de actividade física-deportiva para maiores desde hai máis de 25 anos, con xestión directa, o que facilita a toma de decisións á hora de modificar e implantar novas actividades.

Onte tivo lugar unha visita a Sanxenxo para coñecer as instalacións deportivas do municipio por parte do Presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, a técnica deste municipio e coordinadora do proxecto, Manuela Ferreira, o investigador principal do grupo HealthyFit, José María Cancela e o Vicerreitor da Universidade de Vigo, Jorge Soto.

Mantiveron unha xuntanza co Alcalde, Telmo Martín, o Tenente-Alcalde, Gonzalo Pita e o Concelleiro de Turismo, Deportes e Festas, Jesús Sueiro, que salientaron "a importancia deste tipo de práticas nas que Sanxenxo é un referente" e amosáronse "encantados de ser unha entidade colaboradora deste proxecto tan ambicioso e innovador”.

PROGRAMAMAYORES3

 

programaeuropeomayores2

 

programaeuropeomayores7

0
0
0
s2sdefault