Concello de Sanxenxo - Segunda reunión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mañá de onte o equipo redactor do Plan de Mobilidade Urbana Sostible mantivo a segunda reunión con representantes de tódalas ANPAs do municipio.

Estes encontros teñen como obxectivo definir coa veciñanza as liñas do Plan Estratéxico de Mobilidade Sostible, no que a Concellaría de Urbanismo está a traballar. Esta información, xunto coas enquisas de mobilidade que se realizarán paralelamente en emprazamentos estratéxicos do Concello, constituirán a base do traballo para a redacción do Plan.

No caso das ANPAs, a reunión estivo máis enfocada de cara ás problemáticas de acceso aos centros educativos en horas puntas, á seguridade viaria que os rodea e aos medios de transporte que pais, nais e alumnado empregan para desprazarse ata el.

O equipo redactor recolleu todas as opinións e comentarios expresados e serán tidos en conta á hora de elaborar dito plan, para buscar posibles solucións aos problemas e dúbidas plantexadas.

Os PMUS son instrumentos básicos para a ordenación e planificación da mobilidade das persoas e mercadorías a nivel urbano. O seu obxectivo é posibilitar e favorecer formas de desprazamento máis sustentables dentro dun núcleo de poboación, como camiñar, a bicicleta, ou o transporte público. Buscan garantir a calidade de vida para a cidadanía, compatibilizando o crecemento económico coa cohesión social e o coidado do medio ambiente.

Igual ca no caso de Sanxenxo, todos os PMUS inclúen un plan de participación social e comunicación para garantir procesos de calidade e nos que a veciñanza forme parte activa do desenvolvemento dos seus núcleos poboacionais.

0
0
0
s2sdefault