Concello de Sanxenxo - O GOBERNO INVISTE 91.000€ NO ASFALTADO DE CASE 3KM DE PISTA EN NOALLA E VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana terminarán os traballos de asfaltados dunha pista en O Castro, Noalla, e outra en Bruñeira, Vilalonga.

Unha das pistas que vai a O Castro, en Noalla, está a ser asfaltada para mellorar o acceso de veciños ás súas casas e tamén de visitantes da zona. Esta pista ten unha lonxitude de 1.500 m e o orzamento para a súa mellora é de 48.375€.

A outra pista, que une os lugares de Bruñeira e Lagarei, en Vilalonga, ten unha lonxitude dun 1.000m. e investíronse na súa mellora 43.000€.

Nos próximos días comezarán os traballos en dúas pistas de Adina, unha en Canelas, e outra en Catadoiro cara á depuradora de Paxariñas.

Estas actuacións agrúpanse nos 440.000€ de investimento do orzamento de 2019, que o goberno está a destinar a melloras no rural e que inclúen asfaltado de pistas, saneamento, auga e iluminación pública.

Trátase de proxectos que ao non superar os 50.000€ por cada actuación a tramitación para a súa adxudicación é máis áxil e directa que os proxectos que esixen un proceso de licitación completo.

Neste orzamento total agrúpanse as seguintes actuacións:

 

ASFALTADOS 2019

 

  • Asfaltado de camiños en Arra.

  • Asfaltado contorna Outeiro, Dorrón.

  • Redutores de velocidade en diferentes puntos.

  • Asfaltado pista O Castro, Noalla.

  • Asfaltado pista Asturiana-Gondar, Noalla.

  • Asfaltado pista A Bruñeira, Lagarei,Vilalonga.

  • Asfaltado pista Pontes- Soutullo, Noalla.

  • Asfaltado pista entrada Catadoiro, Adina.

  • Asfaltado pista Canelas, Adina.

  • Asfaltado pista Lavadoiro Reis-O Pazo, Padriñán.

  • Asfaltado pista Catadoiro - depuradora Paxariñas, Adina.

 

SANEAMENTO E AUGA 2019

 

  • Pluviais Fonte de Ons, Noalla.

  • Pluviais A Lanzada, Noalla.

  • Saneamento Touticeira, Noalla.

  • Saneamento Buezas, Nantes.

  • Abastecemento Fonte de Ons-A Revolta, Noalla.

  • Colector Saneamento O Revel, Vilalonga.

  • Canalización de augas pluviais en Forxán- Vinquiño, Padriñán.

 

ILUMINACIÓN PÚBLICA 2019

 

O goberno destina 83.467€ para a colocación de 81 novos puntos de luz situados nos seguintes tramos: 

  • Adina-Arra.

  • Arra- Aios.

  • Paxariñas- Catadoiro.

  • Rial- Xesteiriña.

  • Os Pasales.

  • Piñeiros- Rouxique.

  • Ricardo Santos - Colexio A Florida. Neste punto levará a cabo unha reparación das
    luminarias xa existentes.

A instalación contempla un novo sistema de lámpadas que optimice o consumo de enerxía eléctrica e mellore a iluminación do acceso ás vivendas.

 

0
0
0
s2sdefault