Concello de Sanxenxo - XII Encontro de Palilleiras en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O XII Encontro Internacional de Palilleiras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Santa Catalina de Portonovo e coa colaboración do grupo As Bolboretas terá lugar este domingo 7 de abril durante todo o día.

Este encontro xurdiu en 2007, como actividade incluída na programación da Festa da Raia, pero o evento consolidouse ao longo dos anos coa súa propia data en abril debido ao éxito das primeiras edicións.

"Cando vimos a boa recepción que tiñamos, decidimos que queriamos facelo durante todo o día. É un xeito de promocionar a nosa xente e de facer que os nosos oficios sexan coñecidos", din dende a organización.

A tenda instalarase na zona portuaria da vila e desde a organización decorarase cunha exposición de traballos realizados non só pola propias palilleiras de Portonovo, senón de toda a provincia. Conxuntos de roupa de cama, roupa de bebé, accesorios como pulseiras ou aneis son algúns dos elementos que estarán expostos como unha mostra de todo o que se pode facer con bolillos.

A carpa abrirá as súas portas ás 10:00 h coa recepción dos artesáns. De 14:00 a 16:00 haberá unha pausa para comer. e o evento retomarase ás 16:00 h e continuará ata as 19:00 h cun acto de entrega de premios.

0
0
0
s2sdefault