Concello de Sanxenxo - UN TRAMO DA RÚA PROGRESO ESTARÁ CORTADO A PRÓXIMA SEMANA.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois de barallar varias opcións, para poder abrir os dous carrís de circulación en Semana Santa e favorecer o tránsito da gran afluencia de xente que nos visita, decidiuse que un tramo da rúa permaneza cortado durante 5 días, desde o martes 9 ata o sábado 13.

O tramo cortado será o que transcorre desde a Rúa Sanxenxo, ata o entroncamento da Rúa Progreso coa Avida. de Madrid, o mesmo tramo que xa se cortou o pasado mes de xaneiro para a instalación do colector.

O que se fará neste tramo será unha regularización do firme e un pintado provisional da sinalización, para garantir a seguridade dos usuarios da vía.

O tránsito que circule en sentido Sanxenxo-Pontevedra, terán que subir pola Rúa Sanxenxo e volver incorporarse á PO-308 na zona de Miraflores ou na zona de Nanín. E, aqueles vehículos que circulen en sentido contrario, é dicir Pontevedra-Sanxenxo, terán que facelo pola Avida. de Madrid e o Paseo de Silgar.

Lembrar os aparcadoiros disuasorios habilitados con motivo das obras. Un destes aparcadoiros, é o situado detrás do Novo Templo de Sanxenxo, ao que ata agora soamente podíase acceder pola zona da Florida e que a empresa adxudicataria da obra encargouse de habilitar un novo acceso a este aparcadoiro pola Rúa Constitución, unha rúa que non tiña saída.

Ademais, esta chaira estará conectada con outro aparcadoiro disuasorio situado na zona de O Tombo, detrás da escola infantil municipal, por un viario que a propia empresa está a acondicionar tamén.

Aquelas persoas que dispoñan dunha praza de garaxe no tramo de avenida cortado, ademais destes aparcadoiros disuasorios terán á súa disposición, do mesmo xeito que no anterior corte o Parking de Nauta, de forma gratuíta.

O goberno local, é consciente de que as obras poden causar molestias a veciños, comerciantes e visitantes, pero ponse a total disposición, así como tamén o fan os técnicos municipais e os propios técnicos da empresa, para colaborar e solucionar calquera inconveniente que suceda. Pero o corte da próxima semana evitará que durante a semana santa fórmense atascos durante horas na zona da Avida. de Madrid e o Paseo de Silgar. Ademais, calquera dúbida ou suxestión, poderá ser consultada no servizo de atención ao cidadán na planta 1 do Concello.

 

 

0
0
0
s2sdefault