Concello de Sanxenxo - A Concellería de Servizos Sociais leva a cabo unha programación co orzamento do importe concedido co Pacto de Estado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo recibiu preto de 20.000€ de orzamento procedentes do Pacto de Estado.

A Lei 6/2018, de 3 de xullo, dos orzamentos xerais do Estado, recolle unha partida de 20M€ para as novas ou ampliadas competencias reservadas aos concellos dentro do Pacto de Estado.

Sanxenxo destinará eses fondos a proxectos e programas que teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. Estas medidas serán postas en marcha antes do 30 de maio de 2019.

Entre outras medidas e actividades a desenvolver, os 7 programas principais son os seguintes:

1. Campaña de prevención da violencia de xéreno por medio da visibilización do Centro de Información ás Mulleres. Coa elaboración dunha pancarta de difusión do CIM e a impresión de 5.000 polípticos informativos deste Centro.
2. Actividades de visualización e atención a formas de violencia contra as mulleres. Como son:

a. Unha exposición fotográfica sobre mulleres e profesións, co deseño, maquetación, impresión e colocación nas marquesiñas municipais.
b. Conmemoración do Día da Muller, con actos conmemorativos deste día, para a promoción e a visibilización da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Coa entrega tamén do II Premio á traxectoria da vida das mulleres.
c. Intérprete de lingua de signos, para os diferentes actos.
d. Andaina pola igualdade.
e. Constitución do Consello de Igualdade do Concello de Sanxenxo, incluído dentro das accións do IV Plan de Igualdade Municipal.
f. Actividade de sensibilización en igualdade para as Asociacións Municipais.
g. Formación en Igualdade para persoal técnico municipal.
h. Creación do parque da Igualdade.

3. Formación específica para o departamento da policía local municipal sobre violencia de xénero, a cargo de José Ángel Ruibal Pérez.
4. Unha representación teatral de “Os Piñeiriños, Galegas no Mundo”. Un espectáculo teatral para público infantil, que se leva aos 7 CEIPS Municipais, coa finalidade de facer visible a figura de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia.
5. Un obradoiro formativo de benestar emocional para mulleres de colectivo especialmente vulnerables, con Martha Franco Pinilla.
6. Un programa de Diamond Building. Un programa formativo de motivación para o cambio: Firewalking para mulleres de colectivos vulnerables.
7. Un obradoiro de Hip Hop, pola prevención da violencia de xénero para a mocidade do municipio.

“As liñas de traballo no deseño de esta programación foron encamiñadas á sensibilización, á formación e o traballo con aquelas mulleres especialmente vulnerables. Estas accións permitirannos dar continuidade e afianzar os programas xa postos en marcha e impulsar a creación doutros novos”, destaca Silvia Freire, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

 

0
0
0
s2sdefault